Nordés (vento)
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Nordés é un vento procedente do nordés que sopra en Galiza durante calquera época do ano.
Características
[editar | editar a fonte]Xérase en calquera punto do país por mor dalgún anticiclón proveniente dalgún punto do oeste ou do noroeste, é dicir, cando se activa unha fronte de altas presións nalgunha das devanditas localizacións. Daquela, o nordés atravesa Galiza no sentido das agullas do reloxo.
No inverno, o nordés ofrece baixas temperaturas, ao contrario que no verán, xa que nesta época adoita ir vencellado a anticiclóns de tipo subtropical, de altas temperaturas. Nestes casos acostuma aumentar a súa velocidade.
Triángulo dos 30
[editar | editar a fonte]O nordés pode converterse nun factor de alto risco para os incendios forestais se coinciden as tres condicións meteorolóxicas coñecidas como o "triángulo dos 30": * unha alta velocidade do aire (30 km/h ou máis), o que favorece a ignición forestal; unha baixa humidade (30% ou inferior); e unha alta temperatura (30 °C ou máis).
En Galiza, o nordés é especialmente perigoso na provincia de Pontevedra por estar situada ao sur do Macizo Central Galego, o que fai que normalmente sexa máis cálido e máis seco. O nordés favoreceu a vaga de incendios forestais de 2006 en Galiza.
Afloramento
[editar | editar a fonte]Boa parte da riqueza das rías occidentais galegas ven do nordés. Estes ventos empuxan as augas superficiais das rías cara ó Atlántico, facendo que as augas frías do fondo da ría, ricas en nutrientes, ascendan cara á superficie nun fenómeno chamado afloramento.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]"El viento del Nordés: el diablo cuando sopla"[Ligazón morta], artigo en Xornal de Galicia, 16 de agosto de 2009 (ligazón rota) (en castelán).